18 abr. 2015

"EN ABRIL,CÓMICS MIL"

Seguindo o proxecto anual, para este mes dos libros e da lectura,o lema elexido é
                "EN ABRIL,CÓMICS MIL"
Son moitas as actividades que temos programadas e que xa escomenzaron. Agardamos que disfrutedes con elas!!




23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO

Libros ao patio e  apadriñamentos  e  amadriñamentos  lectores.

Durante esta semana  os alumnos/as de 2º e 3º ciclo estiveron  preparando as lecturas que compartirán cos seus compañeiros/as máis pequenos e nos primeros días desta  irán coñecer aos seus afillados/as.Todos,grandes e pequenos agardan por ese día con moita ilusión e expectación.

Lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.


Agasallo de marcapáxinas  e entrega de diplomas aos máis lector@s.

CONTACONTOS

Anxo Moure,para Edº infantil,20 de Abril

ENCONTRO CON ESCRITORAS

Fina Casalderrey,para 4º, 30 de Abril
Amalia Pérez Otero,para 3º,4º e 5º,9 de Abril

ENCONTRO CON ILUSTRADORES/AS

Anxo Fariña,para 5º,16 de abril
Jacobo Fernández Serrano,para 1º e 2º, 20 e 24 de abril
Abraham Carreiro,para 6º,22 de abril
Iria Iglesias e Daniel Viéitez para 3º,27 de abril.

SELFIE CO TEU CÓMIC FAVORITO!!!

Con Mortadelo ou con Filemón.
Con Zipi ou con Zape.
Con Calvin ou con Hobbes.
Elixe a túa personaxe favorita
ponte ben guap@,
colle un cómic e....
Selfie para o cole!!!!!

CÓMIC E ARTE

Decora unha onomatopea con diversas técnicas e empregando diferentes materiais.

EXPOSICIÓNS

Libros que falan de libros,Os libros máis lidos,diversos traballos sobre os libros lidos ao longo do curso,cadernos viaxeiros das mochilas,libros colectivos,...

DECORACIÓN DA ENTRADA

Pingas feitas de cómics,debuxos de personaxes  de cómic chovendo e lendo,viñetas sobre os libros,..

FRASES SOBRE OS LIBROS E 
 A LECTURA E CÓMIC

Debuxa un personaxe de cómic co que te identifiques e escríbelle no bocadillo unha frase sobre os libros e a lectura e logo entrégao na biblio para montar unha exposición.


AS FAMILIAS CONTAN

Ao longo dos meses de abril e maio, nos recreos contacontos a cargo das familias (pai,nai,avós,...)

O CLUB DE LECTURA RECOMENDA

Na  xuntanza  desta semana,os membros do club  compartirán as súas lecturas preferidas e as recomendarán.

LIBERAMOS CÓMICS!!!!

Dende a biblioteca liberamos cómics que estarán entre nós ata o vindeiro  mes de xuño.

Recoñecerás estes cómics polo distintivo da portada,unha nota cun aviso de que non é un cómic perdido.Si o atopas,podes collelo,lelo e volver a liberalo para que o atope outra persoa.

Poderás  ter o cómic no teu poder o tempo que precises,pero non esquezas que hai compañeiros e compañeiras que tamén os queren ler.

O OBXECTIVO É QUE OS LEAN O MAIOR NÚMERO DE PERSOAS.

Unha vez que o leas terás que deixalo nun sitio visible do colexio (lugares comúns por onde pasemos todos/as:escaleiras,patio,pasillos,bancos,...) para que o volten coller.

NON SE TRATA DE AGOCHALO PARA QUE O BUSQUEN,TRÁTASE DE DEIXALO LIBRE PARA QUE CALQUERA POIDA COLLELO E DESFRUTALO.

Dentro do cómic atoparás un sobre cun folio onde deberás deixar unha dedicatoria dirixida ó libro ou ao próximo lector/a.

Cando atopes un cómic informa a túa titora/or.


ANÍMATE A XOGAR CONNOSCO!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario