26 mar 2024

CONTADAS EN FAMILIA

Neste mes de marzo continuamos coas contadas en familia.

Grazas por compartir as lecturas e o voso tempo con nós!!!

Santi, pai de Roi, 4º Edº Infantil, contounos un conto de humor sobre o dereito a ser diferente, ”Un can” acompañado de globoflexia.

Aurora, nai de Andrés (3º Primaria) e Marta(1ºPrimaria), contounos “A historia dos bonobos con lentes” e “Artur e Clementina” para o 8 de marzo.

Diego, pai de Erea, 4º Edº Infantil, a historia de Moira, unha bruxa, que descubriu a forma de facer que a maxia que levaba dentro estalase, “Erase unha vez a vasoira dunha bruxa”.

Helga, nai de André e Emma, 6º Edº Infantil, falounos de Luuume!”. Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Raquel, nai de Brais, 4º Edº Infantil, un conto popular, “A galiña Roxa”. A galiña atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron.

Miguel, pai de Nakire, 4º Primaria, A selva de Ngorongón é unha selva ben curiosa onde o misterio é un máis dos seus habitantes. Así que haberá que andar con tino… “Misterio na selva de Ngorongón”.

Ana Paula, nai de Eneko, 5º Edº Infantil, “Violeta ás agachadas”. Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.

Sonia, nai de Diego, 2º Primaria, “¿Qué haces con una idea?”. Esta é a historia dun neno, dunha brillante idea e de como conseguir enseñala a todo o mundo.

Luis, pai de Carmen, 4º Edº Infantil, o conto do lobo que soprou e soprou e a casa derrubou…”Os tres porquiños”.

23 mar 2024

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía, os nenos e nenas de 5º de Edº Infantil B, fixeron a seguinte proposta: despois de traballar a figura de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, data do seu nacemento, comezaron a aprender un dos seus poemas, “Parece unha rosa”.

Para este día, o 21 de marzo, cada equipo pintou unha caixa na que meterían o poema traballado e ilustrado por eles e elas. Unha caixa, ademáis, que leva os debuxos do seu esquema corporal e que invita a coller un poema.

Feito isto, fomos a gravalo á Radio do Seis, polo que ademáis de poder coller un poema, pódese escoitar a través dun código QR.

Por último, o xoves, levamos as catro caixas a diferentes comercios do barrio, para que a xente do mesmo poida gozar deste día e dos nosos poemas: á charcutería, á zapatería, á panadería e á gasolinera.

                                FELIZ DÍA DA POESÍA!!!

22 mar 2024

PROGRAMA DE RADIO "DÍA DA POESÍA"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.

A clase de 3ºB preparou un programa para conmemorar o 21 de marzo, Día de Poesía e concienciar e visibilizar o Síndrome de Down.

Desfrutadeo!!!

19 mar 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos fóronse engadindo outros países. 

Festival Atlántica, Sete Falares e Colectivo Narración Oral Galega (NOGA) celebran xuntos esta data.

A narración oral é unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións de xeito diario en Galicia.

Nesta edición, o manifesto realizouno Paula Carballeira, escritora, actriz, dramaturga e unha das pioneiras da narración oral.

No texto convídanos a contar e a ser parte da historia, a ser inmortal… “se queres”.

18 mar 2024

PROGRAMA DE RADIO "UN MES NO CANADÁ"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.

Parte do alumnado da clase de 4ºB entrevistou ao seu titor con motivo da súa estancia no Canadá.

Desfrutadeo!!!

16 mar 2024

ENCONTRO LITERARIO CON PABLO NOGUEIRA

O martes 12 de marzo contamos coa presenza do escritor Pablo Nogueira para conversar sobre o seu libro “Ringo. Memorias dun coello fedello” coa clase de 3ºB.

Escomenzouse cunha presentación que o alumnado fixo sobre o autor que nos visita.

Nesta libro Pablo contanos a historia de Ringo, un coello que traballaba cun mago no circo. A aventura trata temas como a diversidade por iso os personaxes que traballan no Circo Fantabuloso fuxen dos estereotipos fomentando valores como a amizade, a empatía, a inclusión e a igualdade.

Outro dos temas é o emprego da lingua cun vocabulario rico e os xogos coa linguaxe.

Tamén houbo tempo para as preguntas e as curiosidades que a lectura do libro espertou neles/nelas.

Rematou asinando nos libros cunhas fermosas dedicatorias.

Moitas grazas Pablo por compartir o teu tempo con nós e facernos pasar un rato tan agradable.

13 mar 2024

TEATRO DE SOMBRAS

Continuando co proxecto deste curso "OSEISMEDIA", en 5º de Primaria están a traballar o Teatro de Sombras e a arte de contar historias tomando como referencia contos con sombras: o Mago de Oz e Mary Poppins.

Nesta ocasión o alumnado de cada aula fixo unha narración dos contos que se gravou para posteriormente unir dixitalmente coa proxección das sombras de cada escena.

A continuación podedes desfrutar de ambos contos. 



11 mar 2024

MULLERES IMPORTANTES NA NOSA VIDA

Continuando co proxecto anual de fotografía Edº Infantil, para conmemorar o 8M, coñeceron á fotógrafa e pintora Mary Quintero, especialista en retratos.


Solicitaron á colaboración das familias pedindo fotografías de mulleres importantes na vida dos nenos e nenas. Con elas fixeron a súa versión deses retratos coloreando a man, como ela facía, fotos en blanco e negro.

Organizaron diferentes actividades:

-Colorearon fotos e as caixas para formar a figura de Mary Quintero entre todo Infantil.

-Falaron das mulleres importantes das súas vidas e seleccionaron unha delas para facer o seu retrato.

-Para os retratos empregaron diferentes formatos como soporte: cd reciclados, tarxetas... e diferentes tecnicas e materiais.

-Montaxe da exposición no vestíbulo do centro.

10 mar 2024

DÍA DA MULLER 2024

Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, organizamos diversas actividades:

Exposición temática cunha selección de “Lecturas en feminino”, con biografías sobre mulleres científicas, escritoras, valentes, pioneiras, fortes,... en diferentes eidos da sociedade e, libros nos que as mulleres e as nenas son protagonistas, que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con elas.

Cada aula realizou unha investigación sobre mulleres galegas que destacan no eido audiovisual seguindo o PDI deste curso: fotógrafas, cineastas, actrices, xornalistas...

A partir da información crearon un producto final (poster, vídeo, actividade plástico-visual...) que foi exposto no vestíbulo do centro.

Edº Infantil: Mary Quintero

1º Primaria: Sofía Casanova e Mª Luz Morales
2º Primaria: Cándida Otero Fontán
3º Primaria: Mabel Rivera e Dorotea Bárcena
4º Primaria: María Pujalte, Chelo Loureiro e María Castro
5º Primaria: Mercedes Mariño e María Casares
6º Primaria: Sofía Casasnovas e Cristina Castaño

9 mar 2024

PROGRAMA DE RADIO "DÍA DA MULLER"

Xa está aquí un novo programa da Radio do Seis.

A clase de 4ºA preparou un programa adicado ao 8M, Día Internacional da Muller, no que explicarán a importancia desta data.

Desfrutadeo!!!